Na fonte do pombo bravo

Poemas en verso y/o en prosa de cualquier estructura y/o combinación.

Moderadores: J. J. Martínez Ferreiro, Rafel Calle

Avatar de Usuario
xaime oroza carballo
Mensajes: 4228
Registrado: Mar, 16 Oct 2012 11:56

Na fonte do pombo bravo

Mensaje sin leer por xaime oroza carballo »

NA FONTE DO POMBO BRAVO

O recendo da cor, da aura da alba,
asoma, enxel, polos furados do Castelo,
abranguendo, amodo, o val baleiro.
                               Cousa de meigas.

Ou ti vés máis tarde hoxe, 
ou eu vou máis cedo.

Cada vez esquezo, máis axiña,
o que debería facer a toda présa.
                     Ben! Cousa de meigas!

E o pombo bravo 
non se deixa fotografar no pousadoiro.
                              Cousa de meigas.

Rular e aceno do recendo, 
que leva o río, murmurando: 
            “Non todo sae ben á primeira”.
                              Cousa de meigas.

Quen mo diría, quen mo dixera,
ou eu vou máis cedo hoxe, 
ou vés ti máis tarde.
                    Cousa de meigas.

E das entrañas do ermo seco
xorde o canto do manancial.

Rosma o trasno, moi baixo:
                    Cousa,
                    cousa de meigas!

Muíños, 07maio26

EN LA FUENTE DEL TORCAZ

El aroma del color, de la aura del alba,
asoma, sencilla, por los agujeros del Castelo,
abarcando, despacio, el valle vacío.
                                   Cosa de brujas.

O tú vienes más tarde hoy, 
o yo voy más temprano.

Cada vez olvido, más rápido,
lo que debería hacer a toda prisa.
                                   Bien! Cosa de brujas!

Y el torcaz no se deja fotografiar en la alzadera.
                                   Cosa de brujas.

Zureo y seña del aroma, 
que lleva el río, murmurando: 
               “No todo sale bien a la primera.”
                                   Cosa de brujas.

Quien me lo diría, quien me lo dijera,
o yo voy más temprano hoy, 
o vienes tú más tarde.
                                  Cosa de brujas.

Y de las entrañas del yermo seco
surge el canto del manantial.
Susurra el trasgo, muy bajo:
                                  “Cosa,
                                   cosa de brujas!”


Trad: Shaim et Alza
http://xaimeorozacarballo.blogspot.com.es/
xaime oroza
Responder

Volver a “Foro de Poemas”