Abraiado polo teu comentario, Ramón.Ramón Carballal escribió: ↑Sab, 24 Jun 2023 21:21 É un misterio por qué nesta Galicia nosa os poetas tan identificados coa esencia que nos define, cun toque de maxia por bandeira, cun ritmo tan coidado e en definitiva coa calidade que atesouras, non atopan maior recoñecemento e difusión. Parabéns e unha aperta.
Un día, aló polos setenta e poucos do século pasado, Álvaro Paradela dedicoume un poema intitulado "Galiza é un cadro torto". Pois iso, é unha gran honra, para min recibir o agasallo que se alambica das túas verbas.
Grazas, irmao.
Unha aperta.